Formación

PUBLICIDADE EN REDES SOCIAIS E GOOGLE

EN LIÑA

Data Inicio 19 de Diciembre de 2022

REQUISITOS:

-


CONTIDO:

Data: do 19 de decembro ao 23 de decembro de 2022 (30 h).

Hora: de 9.00 a 15.00 horas.

Modalidade en liña

Entregarase certificado acreditativo das competencias alcanzadas a tódolos participantes que asistan ao 80% da actividade formativa.

1. DESTINATARIOS:
Persoas na procura de emprego, emprendedores, empresarios e interesados en áreas coma as RRSS, a publicidade ou márketing.
2. OBXECTIVOS:
As ferramentas que nos ofrece o marketing online son infinitas e cunha capacidade de segmentación sen precedentes na historia do marketing e da publicidade.
Neste curso práctico descubriremos o xeito de facer publicidade en RRSS e Google dun xeito efectivo e para obter retorno.
3. PROGRAMA:
O curso seguirá a seguinte estructura:
▪ Características diferenciadoras da publicidade online: segmentación, pagamento por resultado, información exacta do alcance, capacidade de modificación sobre a marcha.
▪ Tipos de publicidade online: anuncios de texto, imaxes, vídeo, publicacións promocionadas, anuncios de shopping…
▪ Tipos de campañas: Tráfico, branding, campañas de produtos específicos
▪ Canto costa a publicidade online?
▪ Cal é a inversión recomendable en publicidade online?
▪ Estratexia de marketing: Máis que publicidade
▪ Como crear unha estratexia de publicidade online dentro da nosa estratexia de marketing?
▪ A importancia dunha mensaxe diferenciadora, no texto e no visual
▪ O humor e o storytelling
▪ O vídeo reina na publicidade online
▪ Relación entre publicidade, a nosa web e as nosas redes sociais
▪ Para quen estamos a falar? Cal é o noso público obxectivo?
▪ É mellor a publicidade en Google ou nas redes sociais?
▪ En que redes sociais é máis interesante publicitarse?
▪ Antes de nada, Google Analytics
▪ Publicidade en Meta Business Suite (Facebook e Instagram)
o Características e funcionalidades da plataforma.
o Tipos de campañas
o Grupos de anuncios
o Como definir ben o público para chegar onde queremos
o Tipos de anuncios e ferramentas da plataforma
o Recomendacións e trucos útiles para a optimización das campañas e os anuncios
o Aprendendo a interpretar os datos e resultados das campañas en FB e Instagram.

• Exemplos de éxito publicitario en redes sociais de grandes e pequenas empresas
• Publicidade en Google
o As distintas plataformas de Google: Buscador, YouTube, Shopping, My Business
o Publicidade xestionada por Google en outras webs e aplicacións (Display)
o Tipos de campañas e anuncios
o Segmentación nas campañas de Google
o Palabras clave: Estratexias e ferramentas para optimizar a nosa campaña
o Estatísticas e interpretación de resultados das campañas en Google
• Publicidade en outras redes sociais: LinkedIn, Twitter, TikTok, Spotify
• Exemplos de estratexias publicitarias exitosas
• Marketing de influencers. Cando e como é interesante contratar influencers. Como distinguir aos realmente eficaces
• Marketing de guerrilla e omnichannel: cando a publicidade offline revierte no online

Relator: Javier Rocamora García. É formador con máis de 2.500 horas impartidas e consultor autónomo na área de estratexia empresarial e márketing en liña, xestión de redes sociais e comercio electrónico. Axente Digitalizador homologado por Red.es para as solucións do Kit Dixital. Consultor en márketing en liña e eCommerce. Forma parte do proxecto de coworking virtual www.as3enpunto.es Desenvolveu proxectos en diversos sectores e posúe ademais unha dilatada traxectoria como relatora en mesas redondas, ciclos de conferencias, encontros e congresos sobre márketing, estratexia en liña e redes sociais. Conta igualmente cunha ampla experiencia como formador en programas destinados a empresarias e/o directivas no ámbito da estratexia e o márketing.