O OBRADOIRO DE EMPREGO “SANTIAGO SUSTENTABLE II” CONMEMORA O DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES CO VÍDEO 25N

DATA DE PUBLICACIÓN 25 de Noviembre de 2020

Para conmemorar o 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, as persoas participantes no programa de emprego de garantía xuvenil “Santiago sustentable II” que promove o Concello de Santiago de Compostela creou e protagonizou a peza audiovisual titulada 25N.

Neste vídeo abórdase a problemática do acoso no espazo público. “Chegar ben á casa non debería ser cuestión de sorte” é a frase que intenta resumir a inseguridade e a violencia que sofren as mulleres que camiñan polas rúas de calquera cidade. Como moitas mozas denuncian nas redes socias, “o acoso na rúa non nos fai sentir afagadas”, “os piropos incomódannos”, e tamén “incomódanos que minimicen o medo que moitas mulleres sentimos ao saír soas á rúa”.

Con esta iniciativa, o alumnado de “Santiago sustentable II” quere sensibilizar e concienciar a poboación de que estamos ante un problema grave que limita a mobilidade de moitas persoas só polo feito de seren mulleres e, tamén, lembrarnos que os piropos son acoso.