PROGRAMA INTEGRADO DE EMPREGO DO CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

DATA DE PUBLICACIÓN 11 de Diciembre de 2020

O Concello de Santiago de Compostela pon en marcha o Programa Integrado de Emprego  para fomentar a cualificación e a inserción  profesional de 100 mulleres a través de itinerarios personalizados de inserción.

Obxectivo: Mellora da empregabilidade e a ocupabilidade das persoas participantes para acadar o 40% de insercións.

Colectivo ao que vai dirixido: Mulleres menores de 30 anos

Duración : 12 meses ate o 8 de novembro de 2021.

Accións que se levarán a cabo:

  • Información, orientación e asesoramento individualizado.: técnicas de coaching, habilidades sociolaborais e entrevistas de traballo,
  • Certificados de profesionalidade: HOTA0308 Recepción en aloxamentos, ADGD0208 Xestión integrada de recursos humanos e COML0110 actividades auxiliares de almacén.
  • Formación en idiomas e novas tecnoloxías :Inglés B2  (240 horas), manexo das TIC,.
  • Formación transversal e para o emprego: caixeira, comercio e atención ao cliente, limpeza e camareira de pisos, manipulación de alimentos, igualdade de oportunidades, obradoiros sobre busca activa de emprego e sobre competencias transversais.
  • Prácticas profesionais non laborais en empresas
  • Intermediación laboral: prospección de empresas e emparellamento de ofertas de traballo coas persoas participantes.

Bolsa de asistencia: As usuarias terán dereito a percibir unha bolsa de 7 € de asistencia as accións do programa.

Medidas de conciliación: No caso de mulleres con menores a cargo.

Contacto: Para solicitar mais información e inscribirse dirixirse ao Departamento de Emprego do Concello de Santiago de Compostela chamando ao  teléfono 981 54 30 60 ou enviando un e-mail a axencialocaldecolocacion@santiagodecompostela.gal