REMATE DO OBRADOIRO “SANTIAGO SUSTENTABLE”

DATA DE PUBLICACIÓN 30 de Marzo de 2020

Onte 29 de marzo rematou o Obradoiro de Emprego “Santiago Sustentable”

Tras seis meses de formación e traballo, onte chegou ao seu fin o Obradoiro de Emprego de Garantía Xuvenil “Santiago Sustentable” organizado polo Concello de Santiago de Compostela e cofinanciado polo FSE a través da Consellería de Emprego e Industria.

Durante 6 meses 15 mozos e mozas menores de 30 anos, recibiron formación na especialidade de Programación de Aplicacións con Tecnoloxía Web (certificado de profesionalidade de nivel 3) e desenvolveron unha aplicación web da  Sustentabilidade para o Concello de Santiago de Compostela na liña da Axenda 2030 mundial.

“Santiago Sustentable” arrancaba a finais do mes de setembro de 2019 e, por mor da declaración do Estado de Alarma motivado pola pandemia do COVID-19, as sesión presenciais quedaron interrumpidas. Ante esta situación, o persoal do Obradoiro continuou coa súa formación e traballo na obra a través da modalidade de “teletraballo” rematando onte a súa actividade.