Hoxe remata o Obradoiro de Emprego de Garantía Xuvenil “HABILITS”

DATA DE PUBLICACIÓN 27 de Marzo de 2019

Os obradoiros de emprego de garantía xuvenil son accións mixtas de formación i emprego destinadas a mozos e mozas de idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos, financiadas polo Fondo Social Europeo a través da Xunta de Galicia e polos Concellos participantes e, teñen a finalidade de proporcionar formación en distintos certificados de profesionalidade i experiencia profesional que faciliten a inserción dos mozos e mozas participantes no mundo laboral.

Durante os seis meses de duración do obradoiro de emprego HABILITS, dezaseis mozos e mozas do Concello de Santiago de Compostela e do Concello de Teo, estiveron a se formar nas especialidades de Operacións Auxiliares de Revestimentos Continuos en Construción (7 participantes) e de Desesenvolvemento de Aplicacións con Tecnoloxía Web (9 participantes) ao tempo que realizaban as obras de rehabilitación e mellora da antiga escola unitaria de Amio para convertila en centro BTT no Concello de Santiago e, creaban unha aplicación de información e participación cidadá para os vecinos de Teo.