Ten por finalidade aplicar políticas tendentes a diminuír o nivel do desemprego, con atención especial aos colectivos con máis dificultades para o acceso ao mercado de traballo, implantando un sistema eficaz de intermediación entre a oferta e a demanda dentro do que se articulan tres procedementos:
Captación de Ofertas
O procedemento de captación de ofertas ten un papel fundamental no proceso de intermediación laboral entre demandantes de emprego e as empresas da cidade. Na actualidade o Concello de Santiago ten inscritas a 1000 empresas interesadas en utilizar os servizos ofertados para xestionar os seus procesos de selección .
Igualmente, para a captación de ofertas, realízanse actividades de vaciado de fontes secundarias (portais de emprego, prensa, …), así como contacto teléfonico e visitas ás empresas.
Recrutamento/captación de candidaturas
O recrutamento supón a localización e atracción de posibles candidatos, o que implica que é necesario identificar posibles fontes de recrutamento, así como métodos concretos para atraer candidatos. Co obxectivo de incrementar a rapidez e a eficacia, incorpórase a posibilidade de realizar un Recrutamento en liña, sistema seguro que permite ás empresas recrutar persoal por medio de Internet para cubrir practicamente calquera tipo de ocupación, monitoreando de xeito rápido e sinxelo a información recibida de cada un dos candidatos en busca de emprego.
Selección de persoal
Asumirá parte ou a totalidade das actividades de recrutamento de candidatos, así como as posteriores accións de filtrado e preselección. Igualmente, facilitará o préstamo de instalacións e equipamentos municipais, ca posta a diposición de:
- Aulas para a realización de procesos formativos
- Despachos e salas para a realización de entrevistas e/ou dinámicas de selección.
FUNCIONAMENTO
- Recepción da oferta de emprego: A empresa solicitante, ben a través da páxina web ben mediante chamada telefónica, fainos chegar a oferta de traballo, para o cal debe cubrir a FICHA DE OFERTA DE EMPREGO.
- Busca de candidatos: Análise das características solicitadas pola empresa e busca das persoas candidatas que reúnan o perfil solicitado a través do aplicativo de intermediación.
- Contacto cos/as potenciais candidatos/ás: Poñémonos en contacto, por correo electrónico ou por teléfono, coas persoas resultantes da busca para comunicarlles a oferta de traballo recibida. Garántese a confidencialidade ao non facilitar o nome da empresa a menos que ela así o solicite.
- Alternativamente, se a empresa o solicita, publicación da oferta de traballo na páxina web e no Boletín de ofertas da Axencia Local de Colocación. Deste xeito damos a coñecer as ofertas de traballo a todas as persoas subscritas.
- Análise das candidaturas: A ALC fai unha selección dos currículos recibidos para o seu posterior envío á empresa solicitante.
- Entrega dos currículos á empresa: Envíanse por correo electrónico os que cumpren as características da oferta de traballo.
- Seguimento telefónico á empresa para coñecer a situación da selección.
- Informatización dos datos recibidos: A ALC elabora un informe trimestral cos resultados das ofertas tramitadas co fin de analizar as tendencias do mercado laboral.